Arranca o programa de extraescolares do Concello

O programa municipal de actividades extraescolares botou onte a andar nos dez colexios públicos da cidade ferrolá. As propostas, totalmente gratuítas, desenvolveranse de luns a venres, en horario de catro a seis da tarde, e ata o vindeiro mes de maio –o tempo que se adicará a cada grupo será de dúas horas semanais–.
Entre os 32 obradoiros ofertados –de carácter lúdico, didáctico e tamén deportivo– foi o de patinaxe o que máis demanda tivo por parte dos centros –ata un total de nove o solicitaron–, seguido de baile moderno, que se impartirá en sete colexios, manualidades (en seis), e informática e internet (en cinco).
Tamén tiveron unha boa acollida os novos de guitarra, xardíns e semilleiros escolares, xogos de mesa e creatividade. Pola súa banda, a demanda de clases de chinés contou este ano coa incorporación do CEIP Recimil.
Percusión tradicional, iniciación á música, debuxo e pintura, teatro, xogos cooperativos e tradicionais, ximnasia rítmica, capoeira, karate, judo, baloncesto ou fútbol completan a oferta de propostas gratuítas que se desenvolverán ao longo do curso ao abeiro do programa promovido desde a Concellería de Educación que dirixe Susana Martínez Galdós.
La concejala y el alcaldel de Ferrol, José Manuel Rey Varela, visitaron en la tarde de ayer el CEIP Ponzos y a los más de setenta niños que comenzaron sus actividades extraescolares en este centro.

transporte escolar
Ademais, a propia edila explicou que o alumnado de tres centros da cidade –o San Xoán de Filgueira, Pazos e A Laxe de Valón– disporán dun servizo de transporte para participar no programa educativo. Así, os nenos serán recollidos nos seus colexios para desprazarse ás actividades extraescolares nas que participen. n

Arranca o programa de extraescolares do Concello

Te puede interesar