Xuizo y sentenza

Xuizo y sentenza
CEMENTERIO copia_54811.63

O Fiscal Xurídico Militar da VII Rexión Militar considerou que algúns integrantes da Rede de Espionaxe  “dotados de un odio satánico a los gloriosos principios que constituyen la esencia de nuestro Rétgimen Nacional (…) actuaron con el obsesivo propósito de provocar y facilitar en su día un ataque armado que según su lógica simplista, había de determinar un cambio político”.
O Fiscal tamén estableceu distintos niveis de responsabilidade. Por un lado os que “se dieron cuenta perfectamente de lo que hacían y aspiraban a provocar todas las consecuencias arriba descritas” e nun segundo nivel estaban aqueles procesados “que cooperaban en la Red –sabiendo que era una actividad ilegal– pero no estaba en su ánimo otro fin que ganar dinero y ni se les pasaba por la cabeza que a consecuencia de sus actos pudiera ponerse en peligro la Patria”.
Para os primeiros pide a pena de morte por espionaxe en tempos de paz e delito de intelixencia con grupo, organizacións e xente estranxeira, co fin de provocar unha guerra. 
O enfoque é moi benevolente para o que foran os tribunais militares, pero o inminente fin da guerra, coa derrota nazi xa percibida como inevitable, provocou un cambio de actitude na ditadura. Finalmente foron executados:
César Quiñones Rodríguez.
 Juan Lorenzo Martínez Riestra.
Miguel Mauro Estévez.
Manuel Rivero San Juan. 
Aos seguintes dezasete membros condenóuselles a diversas penas de prisión:
Abasolo Leiva, Rosario.
Arias Moral, Elena.
Cossio García, Consuelo.
Cossio García, María.
Cossio García, Rosana.
Fernández García, Eladio.
Huerta Alonso, Aurelio
Martínez Navales, María.
Monge Antón, Felisa.
 Morales López, Florentino.
San Miguel Herrera, Emilio.
San Miguel Herrera, José.
San Miguel Martínez, Carmen.
San Miguel Martínez, Emilio.
Sánchez González, Manuel.
Os bens de todas estas persoas (mesmo das que non ingresaron en prisión) foron confiscados e subastados, provocando graves problemas de supervivencia. Como exemplo,  a carta de Rosario Abasolo, viuva de Manuel Rivera San Juan, pedindo que se lle devolva a máquina de coser Alfa para gañarse a vida. En 1944, valía 1.950 pesetas, unha gran cantidade para a época.
Os membros da rede de espionaxe que tratamos nestes artigos, xogáronse a vida para axudar aos aliados a gañar a guerra, a restablecer a democracia e sepultar ao máis odioso réxime político que a Humanidade coñeceu. Algúns –os que foron fusilados– non puideron velo. Os que sobreviviron sufriron a enorme decepción de ver que non só a democracia quedaba nos Pireneos senón que –no contexto histórico da Guerra Fría– EEUU e Reino Unido daban a Franco o apoio necesario para que prolongase a súa ditadura ata a súa morte en 1975. 
Os fusilamentos producíronse nos valos do cemiterio de San Salvador de Oviedo. Era a mañá do 23 de maio de 1944. Só 14 días despois, o 6 de xuño, os aliados iniciaban o desembarco de Normandía que, ao cabo, marcaría a derrota de Hitler e o fin da II Guerra Mundial en Europa. 
Unha guerra na que, ao seu modo, San Miguel e os seus axentes participaran e que, malia a vitoria do seu bando, tamén acabaron perdendo. Ao contrario do que esperaban, as potencias aliadas nunca intervirían na liberación de España.

Xuizo y sentenza

Te puede interesar