A comarca mostra a súa música, comida e arte no encontro dos concellos do Camiño Inglés en Betanzos

A comarca mostra a súa música, comida e arte no encontro dos concellos do Camiño Inglés en Betanzos
Diario de Ferrol-2017-04-23-007-9679b8a9

“Trátase da primeira vez que se xuntan os 18 concellos do Camiño Inglés”, anunciaba onte na praza dos Irmáns García Naveira o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, ao inicio da celebración da feira “Primavera no Camiño Inglés”.
Os sete concellos das comarca de Ferrol e Eume polos que discorre o percorrido estiveron representados por autoridades políticas –como a concelleira de Patrimonio Histórico do Concello de Ferrol, Rosa Méndez, ou o alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández–, ademáis de ofrecer distintas degustacións e demostracións dos productos e artes propias dos municipios.
Así, a carpa instalada polo organismo provincial para a ocasión, ofreceu catas da empanada e pan de Neda, da cervexa La Ferrolana, das patacas fritas Casa Vella de Fene, e máis da proia de Pontedeume.
Como é habitual en calquera celebración, a música tamén xogou un papel fundamental no evento. Por isto, a banda tradicional Airiños de Fene e cantareiras, as rondallas Lucero del Alba de Neda e Chicas de Oro de Pontedeume e o grupo de gaitas e de baile tradicional Airiños do Frade de Cabanas, foron invitados para amenizar a xornada. 
O Concello de Narón proxectou videos onde se podían ver os lugares e edificios máis emblemáticos da cidade e elementos que forman parte do seu patrimonio e as fiandeiras de Cabanas Rural realizaron unha exhibición da súa arte durante case todo o día.
“Esta reunión pon de manifesto o esforzo conxunto que estamos a desenvolver para impulsar o Camiño Inglés, construído polas pisadas dos camiñantes durante séculos, que contrubuiron a forxar a identidade única dos nosos concellos e a desenvolver un tipo de turismo sostible que axuda a dinamizar as economías locais e a pór en valor lugares únicos coma as Fragas do Eume, o río Mandeo ou as Mariñas betanceiras”, explicou González. l

A comarca mostra a súa música, comida e arte no encontro dos concellos do Camiño Inglés en Betanzos

Te puede interesar