“A capa do libro a tiña desde 1968, só faltaba escribilo”

“A capa do libro a tiña desde 1968, só faltaba escribilo”
Sargadelos Vicente Araguas

Unha fotografía de 1968 marcou o comezo do último traballo editorial do escritor e colaborador de Diario de Ferrol Vicente Araguas (Neda, 1950) que onte presentou na galería Sargadelos o libro “Manuel María: un home de mil pezas” co que Edicións Embora abre a colección Crónica, na que ata fin de ano sairán tamén obras inéditas de temática xornalística e literaria de Xosé Neira Vilas e Xosé Luna. 
“A capa do libro, unha fotografía que nos fixera un fotógrafo minutero en Santiago, xa estaba feita. Só había que escribilo”, indicaba onte o autor, que define o proxecto como “un novo capítulo do amor mútuo que temos Embora e máis eu, nesta ocasión cunha terceira persoa de por medio, Manuel María”. Con respecto ao proceso de creación, Araguas fala dun libro “meteórico”. “ Encerreime dez días en Semana Santa, cunha ratio de oito horas ao día, e escribino”.
Nas súas páxinas debulla a figura do poeta Manuel María tal e como o coñeceu. “A idea xa me levaba anos rondando a cabeza. É unha ollada en primeira persona a Manuel María, tal e como o coñecín. É unha visión máis subxectiva dun poeta a quen admirei, con quen tiven encontros e desencontros, acordos e discrepancias”, explica. 
Nas súas páxinas ocupa un lugar especial o único libro en castelán do autor ao que este ano se lle adica o Día das Letras Galegas, “‘Sermón para decir en cualquier tiempo’ é un libro que calquera poeta que se precie debería de ler. É un libro que está desaparecido, que non se vai volver a reeditar. A mín prestoumo outro colaborador de DF, Xosé María Dobarro”, recoñece.
Aínda que as páxinas de “Manuel María: un home de mil pezas” dan tamén para adentrarse na parte máis humana do escritor “que é a que máis me interesa”. Unha faceta que ben recolle un dos libros que máis estima de Manuel María “Andando a Terra”. “É unha escolma dos seus artigos publicados no Nosa Terra onde se mostra ao Manuel María máis andarego o máis pausó, o que podería quedar pasmado ollando aos paxaros e as nubes”,   recalca Vicente Araguas.
Non esquece mención ao seu “annus mirabilis” 1954, no que o escritor lucense escribiu “Terra Cha” e “Advento”, nin da súa faceta musical no disco que grabara con Edigsa comenzando así o proceso da seria Xistral e logo “A Nova Canción Galega”.  
Canda Araguas, tamén estivo na presentación o editor do libro, Miguel Toval.

“A capa do libro a tiña desde 1968, só faltaba escribilo”

Te puede interesar