O CPXG fala de “paso atrás” ante o recurso do Goberno contra a indemnización á familia Couso

O CPXG fala de “paso atrás” ante o recurso do Goberno contra a indemnización á familia Couso
Homenaje a José Couso en la Plaza de la Paz

A decisión da Abogacía do Estado de presentar un recurso contra a decisión da Audiencia Nacional que obriga ao Estado a indemnizar con 182.000 euros á familia de José Couso, cámara ferrolán asasinado en Bagdad en 2003, foi defendida onte de novo polo Goberno. A ministra portavoz, María Jesús Montero, asegura que esta sentenza abriría unha vía “imposible de xestionar por calquera país” e que a protección aos cidadáns no estranxeiro “tamén ten un límite dentro das competencias e capacidades de cada Estado”.

Unidas Podemos, que na actualidade é tamén parte do Goberno, está porén en contra da decisión e discrepa do criterio da Abogacía do Estado. Ademais, o seu portavoz adxunto, Enrique Santiago, reclama que se restitúan canto antes as normas de xurisdicción universal para que “se poida recuperar a investigación e persecución de crimes que quedaron na impunidade se foron cometidos fóra de España”. Esa sería, afirmou, “a mellor reparación para a familia Couso”.

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, que xunto co Club de Prensa de Ferrol outorga cada ano un galardón á liberdade de prensa co nome do cámara asasinado, expresou o rexeitamento a esta decisión. Lamentan “un paso atrás” e un “novo atranco nun proceso que xa leva durado demasiados anos”.

Para o CPXG, a sentencia da Audiencia Nacional significaba “a primeira admisión oficial da indefensión da familia Couso e o recoñecemento da inacción da Administración ante o asasinato do xornalista galego”. O Colexio considera que o que é “inasumíbel” –empregando a mesma palabra que a ministra de Asuntos Exteriores, Arancha González, para defender o recurso– é que “logo de 17 longos anos, o asasinato de José Couso continúe impune e que a investigación deste crime siga a estar chea de estorbos e pasos atrás que o único que fan é impedir que se faga xustiza”.

Ademais, explican que a loita pola resolución e reparación do caso Couso é tamén a da “seguranza de todos os xornalistas nos conflitos armados”, unha condición “imprescindíbel para a liberdade de información” e que “debera ser unha prioridade para calquera goberno democrático”. l

O CPXG fala de “paso atrás” ante o recurso do Goberno contra a indemnización á familia Couso

Te puede interesar