O aforro enerxético nas vivendas do municipio de Ortigueira está detrás da iniciativa que acomete o departamento de Servizos Socias do Concello coa Fundación Axencia Enerxética Provincia da Coruña (Faepac). Ambas partes reuniranse de novo mañá para dar continuidade ó encontro que tivo lugar o pasado 26 de maio, e que consistiu nunha primeira toma de contacto orientada a avaliar o que se considera “pobraza enerxética” co fin de axudar ós veciños a executar o maior aforro posible nas súas casas.
Á nova reunión acudirá xa un grupo de familias preseleccionadas e que cumpren os criterios dun estudo que analizou os patróns de consumo enerxético, así como o uso de malas prácticas ou a eficiencia dos sistemas de illamento das vivendas. O obxectivo é que auditoría realizada poda así proporcionar unha serie de recomendacións de uso responsable da enerxía, ademais de medidas de aforro que tamén reduden na economía doméstica.