Fene bótase a rir en outubro cun ciclo de grandes monologuistas galegos

Fene bótase a rir en outubro cun ciclo de grandes monologuistas galegos
ies saturnino montojo cándido pazó

Fene comeza a súa programación cultural de outono cun ciclo de monólogos no que participan grandes contacontos galegos. A primeira actuación será a de Rober Bodegas, que estará na Casa da Cultura da localidade o 4 de outubro para presentar o seu espectáculo “No umbral da estupidez”, no que reflexiona sobre a involución do ser humano. Cándido Pazó presentará as súas “Historias camiñantes” o 11 de outubro e Sergio Pazos achegará o seu “Se galego, my friend” o día 18. O ciclo de monólogos rematará o 23 de outubro con “Carlos Blanco ao vivo (de momento)”.
Esta actividade realízana en colaboración coa Axencia Galega das Industrias Culturais, da Consellería de Cultura, dentro da iniciativa “Cultura no camiño”, un programa escénico e musical que atinxe ós municipios polos que pasan as rutas a Santiago de Compostela.

rosalía pequeniña
As propostas culturais en Fene comezarán xa en setembro, coa actuación da cantante Uxía e do músico Sergio Tannus, que presentan os temas do seu proxecto “Rosalía pequeniña”. Adaptan para os nenos diversos poemas de Rosalía de Castro, introducíndoos en ritmos diversos como a muiñeira, o blues ou o rock. Esta actividade diríxese a rapaces de entre seis e once anos e celebrarase o xoves 19 de setembro na Casa da Cultura. Cóntase coa colaboración da Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia.
Os nenos terán tamén unha cita na biblioteca municipal, o 2 de outubro, ás seis da tarde, cunha sesión de contocontos a cargo de Fátima Fernández. Aproveita diferentes obxectos para dar vida ó espectáculo “As dúbidas dos animais”.
No outono presentarase en Fene o libro “Dióxenes en Dolirda”, de Ignacio Vidal Portabales, gañador da XXX edición do Premio de Novela Blanco Amor, que o ano pasado foi organizado polo Concello de Fene.

exposicións
O apartado expositivo está cubero na Casa da Cultura ata o verán do ano próximo. No vindeiro mes serán os fotógrafos Fran Nieto e Anabel Viñas os que amosen o seu traballo nestas instalacións, para deixarlles o sitio, en novembro, ás obras pictóricas de Dulce Anca. Os tamén fotógrafos Tomás Morado e Juan Sixto serán quen tomen o relevo en decembro.
O ano 2014 comezará coa obra do pintor e humorista gráfico Luis Dávila, mentres que a asociación Mesturas ocupará o centro cultural no mes de febreiro e a pintora Mari Carmen Sendón farao en marzo. Tamén será obra pictórica a que se vexa en abril, neste caso de José López Andrade, mentres que a tempada pecharase con fotografías, as de Iria Santos en maio e as de Román Montesinos en xuño. n

Fene bótase a rir en outubro cun ciclo de grandes monologuistas galegos

Te puede interesar