Música galega, orquestras e espectáculos familiares nas festas de agosto de Cedeira

Música galega, orquestras e espectáculos familiares nas festas de agosto de Cedeira

En pouco máis de dúas semanas, o venres 12 de agosto, a vila de Cedeira dará o pistoletazo de saída ás festas da Patrona, celebración que cada ano atrae á zona a multitude de visitantes. O programa, que rematará o mércores 17 coa tradicional romaría a San Antonio, animará as rúas e prazas do municipio con concertos, espectáculos familiares, xogos para os nenos e outras variadas propostas.
A apertura oficial do programa terá lugar o venres 12, ás 20.30 horas na praza do Concello, coa lectura do pregón –aída está por determinar quen se encargará de lelo–. A continuación, no caso vello, celebraranse as primeiras actuacións do cartel a cargo de Black Rose (22.30 horas) e Five Strings Band (00.00 horas).
Os concertos trasladaranse desde o sábado ao escenario principal da Praza Roxa, onde ese día, a partir das 22.30 horas, actuará Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre.
Será unha nova ocasión, logo do seu paso por outros puntos da comarca como Fene e Espasante, para gozar do proxecto The Tambourine Man (2015) no que o recoñecido músico fenés, xunto ao grupo de once percusionistas e cantoras e outros dous músicos ofrecen unha renovación da música popular galega á que engaden un enfoque vangardista.
A continuación (24.00 horas)tomará o escenario o grupo cedeirés Barefoots, que hará disfrutar con su “rhythm and blues” en el mismo lugar en el que el pasado año se estrenaron como formación.
O domingo será o turno para a verbena galega protagonizada pola Orquestra Os Modernos (Premio Martín Códax 2016 na categoría de música de verbena) –que farán bailar coas súas pezas de fox-trot, bolero, habanera, rumba e moitas máis– e o Sonoro Maxín nun espectáculo presentado Isabel Risco. A festa rematará cunha sesión de picadiscos.

formacións
O luns, día da Patrona, a música correrá a cargo das orquestras Nueva Fuerza e Acherízate. Esa noite terá lugar ademais a tradicional sesión de fogos artificiais. As orquestras Cinema e Saudade ambientarán as verbenas do martes e do mércores, respectivamente. Xunto aos concertos da noite, cada día haberá moitas outras propostas na rúa. Xogos tradicionais; concurso de cucaña ou carreiras de sacos; espectáculos familiares como Fumán Musicólogo, Desastronaus ou Mundo Mandarina; ou a música da Banda Pro Cedeira ou a Banda de Música Vila de Cedeira

Música galega, orquestras e espectáculos familiares nas festas de agosto de Cedeira

Te puede interesar