“De puntillas”, as historias plásticas de Irene Sanjuán para o público infantil

“De puntillas”, as historias plásticas  de Irene Sanjuán para o público infantil
Iresen Sanjuán, onte na Galería Sargadelos d. alexandre

Os pequenos son o público ao que vai dirixida a primeira exposición que a artista coruñesa Irene Sanjuán Quijada fai nunha galería, neste caso na ferrolá Sargadelos. Onte inaugurou a mostra “De puntillas”, un paseo polo deseño gráfico e a ilustración que ten moito de reivindicación de xéneros “menores” dentro das artes plásticas como o cómic ou o escaparatismo.
Os espectadores poden ver unha exposición que trata de contar historias, dirixidas fundamentalmente aos nenos, a través de varios bloques de imaxes que colgarán durante todo o presente mes das paredes da Galería Sargadelos.
Con técnicas como a acuarela e o debuxo con rotuladores “Rotring” Sanjuán amosa o seu gusto pola narración e as imaxes claras, limpias e amables. A ilustradora coruñesa tarballou o pasado ano no selo Bululú do editor ferrolán Pablo Zaera no libro “De profesión inventor”, con texto de Kike Gómez. Un traballo cunha forte carga didáctica que terá continuidade o próximo ano con outro traballo do mesmo protagonista, Martiño, centrado nos pequenos e no mundo de internet. 

“De puntillas”, as historias plásticas de Irene Sanjuán para o público infantil

Te puede interesar