Mercado Medieval, circo, teatro e Noites no Mosteiro na apretada axenda de Narón

Mercado Medieval, circo, teatro e Noites no Mosteiro  na apretada axenda de Narón
Freixeiro Feria Medieval

Varias alternativas de lecer se presentan este sábado no municipio de Narón. Desde as 11.00 horas abrirán as súas portas o centenar de postos que desde onte dan forma no Parque Río Freixeiro ao Mercado Medieval.
Pasarrúas, espectáculos de acrobacias ou teatrais, e outras variadas propostas animarán a zona durante todo o día. Pola tarde abrirá a partir das 18.00 horas.
Por outra banda, a partir das 12.00 horas na Praza da Constitución, na Solaina, a compañía Pistacatro protagonizará dous espectáculos de circo, totalmente gratuítos, que servirán para pechar o ciclo iniciado o pasado día 1 na Praza da Gándara.
Tamén hoxe, a partir das 20.30 horas, darán comezo as primeiras das actividades programadas no marco da Festa Gastronómica do Pemento do Couto, que vivirá mañá a súa xornada central coa degustación das racións.
Demostración culinaria
Como preludio á mesma, o local social da devandita parroquia naronesa será esta tarde, ás 20.30 horas, escenario dun “showcooking” (demostración culinaria) a cargo de Beatriz Sotelo.  Ás 23.00 horas procederase á iluminación do exterior do mosteiro do Couto e, entre esa hora e as 00.30, celebraranse no interior do mesmo dous concertos de música de Cámara con aforo limitado pero para o que non é preciso inscribirse de forma previa.
O teatro estará tamén presente na axenda cultural coa representación da obra escénica “Casting para Melchor” a cargo do Grupo de Teatro Xuvenil da Pombiña e da que é autor Pepablo Patinho. Será a partir das 21.00 horas no local social da Pombiña.

Mercado Medieval, circo, teatro e Noites no Mosteiro na apretada axenda de Narón

Te puede interesar