Rivas reclama transporte urbano ata o Naval e mellora en frecuencias

Rivas reclama transporte urbano ata o Naval e mellora en frecuencias
Parada del Bus de Recimil El BNG coge el bus para denunciar la falta de frecuencias a los hospitales y el aislamiento del Naval

O BNG colleu onte á mañá o autobús cara ó hospital para demostrar a ausencia de liñas que cheguen ata o Naval ou o Novoa Santos e, de paso, denunciar “a situación na que se atopa o transporte público na cidade, que despois dun mandato completo non só non mellorou senón que empeorou, e mesmo o goberno municipal ten previsto unha redución tanto no número de frecuencias como de servizos”, apuntou Iván Rivas, candidato nacionalista á Alcaldía. Durante o traxecto repartiron información ós pasaxeiros e transeúntes sobre as súas demandas e sobre as prioridades do Bloque en canto ó transporte urbano.
“Reclamacións permanentes como a parada de Ferrol Vello ou o acceso ó Hospital Naval seguen sen resolverse. Pra nós é absolutamente inasumible para unha cidade cada vez máis envellecida”, engadiu Rivas.
Para o partido nacionalista, o transporte público constitúe unha política prioritaria pola redución dos gases contaminantes e a conseguinte mellora da calidade do aire na cidade, pola redución dos custes económicos asociados ós vehículos privados ou como resposta ós problemas de mobilidade e de seguridade dos maiores. Ademais consideran que é un sector crucial dentro “dunha política urbanística vertebradora”.
Piden á Xunta que “asuma estas necesidades básicas” ou senón demandan que o Concello “rescate a prestación deste servizo para adaptalo ás necesidades que existen”. Tamén consideran desde o BNG que se debe abaratar o custe do billete que, na actualidade, no seu tramo urbano, ten a tarifa xeral máis cara das catro áreas incluídas dentro do Plan de Transporte Metropolitano de Galicia. “Esta é a evidencia de que este goberno municipal permaneceu absolutamente pasivo”.

Rivas reclama transporte urbano ata o Naval e mellora en frecuencias

Te puede interesar