A Escola Infantil de San Sadurniño botará a andar a primeiros de febreiro

A Escola Infantil de San Sadurniño botará a andar a primeiros de febreiro
San Sadurniño Día de Portas abertas na Escola Infantil

Todo está disposto para que a Escola Infantil de San Sadurniño bote a andar, posiblemente a primeiros do vindeiro mes de febreiro. Onte celebrouse unha xornada de portas abertas –hoxe repetirase de 16.00 a 19.00 horas– durante a que unha ducia de familias interesadas en mandar alí os seus fillos coñeceron de primeira man as instalacións.
Segundo explicaron dende o Concello, entre os visitantes había algúns pais que levan os nenos a outros centros pero que xa anunciaron a intención de trasladalos en setembro, co inicio do novo curso. Polo de agora hai 18 nenos de cero a tres anos preinscritos, pero o período de matriculación, que comenzou o pasado día 2, e que aínda estará aberto ata o vindeiro día 13.
Nas xorndas seguintes farase a baremación, a proposta inicial de admisións e exclusións e abrirase un período de reclamacións do 19 o 24 de xaneiro, que quedarán resoltas e publicadas o día 26. Segundo o calendario establecido, do 27 o 29 de xaneiro notificaránselles ás familias admitidas a cota que deberán satisfacer antes do día 31, data na que se elaborará a listaxe definitivo de prazas cubertas. Os xustificantes de pago pódense enviar ao correo eim.sansadurnino@gmail.como ou entregarse na propia escola.
O centro, situado nun edificio anexo ao novo consistorio, ofrece 38 prazas distribuídas en tres unidades: unha de oito nenos e nenas de menos dun ano, outra para trece meniños de entre 1 e 2 anos, e, por último, unha unidade con capacidade para 17 pequenos de 2 a 3 anos.
As instalacións están totalmente rematadas e dispostas para abrir as súas portas, estando previsto que o fagan a principios de febreiro, se non xorde ningún contratempo.

A Escola Infantil de San Sadurniño botará a andar a primeiros de febreiro

Te puede interesar