“No me des la lata”, tapa gañadora do concurso gastronómico “Tapatí”

imaxe da tapa gañadora
|

O restaurante Nuevo Pisani foi elixido gañador da primeira edición do concurso gastronómico “Tapatí”, celebrada o venres en Ultramar, con “No me des la lata”, prato que conseguiu 132 puntos por parte do xurado. En segundo lugar quedou “Puro mejillón”, do Show Bar Puro Gusto (116 puntos) e, no terceiro posto, “Escabeche de mar”, do mesón Canfurnada (98 puntos). O xurado estivo formado por Caio Meira (proveedor de hostelaría e responsable de Neiradis), Manuel Barrera (presidente da asociación gastronómica Fame Neghra) e Luisa Barro (xerente da Asociación de Hostalería de Ferrol e Comarca).

“No me des la lata”, tapa gañadora do concurso gastronómico “Tapatí”