Joe Crepúsculo actúa hoxe no aniversario de Manchita Cosa

Diario de Ferrol-2014-10-11-023-fac2eb9e_1
|

“Saca tu dinero del banco” é o último tema publicado polo barcelonés Joe Crepúsculo (nome artístico de Joël Iriarte), un tema descartado do seu último traballo “Baile de Magos”, que finalmente ve a luz e amosa que se pode unir diversión e conciencia social. O reputado artista indie estará hoxe a partir das 23.00 horas no pub Manchita Cosa (Magdalena, 138) no XI aniversario desta popular sala do centro de Ferrol con entradas a un prezo de 10 euros.
Crepúsculo, que comparte carreira co grupo Tarántula, ofrecerá nesta actuación unha escolma dos seu tecnopop bailable e pegadizo en solitario con temas como “Enséñame a bailar” ou “Mi fábrica de baile”. O artista barcelonés leva as súas costas seis traballos discográficos de longa duración, o último deles o citado “Baile de Magos”, aínda que o seu traballo de 2008 “Supercrepus” foi elixido pola revista Rockdelux como o mellor disco nacional dese ano. Segundo a crítica o seu traballo caracterízase por unha voz pouco traballada, letras profundas e surrealistas e instrumentación casera, todo nun ton moi “lo-fi”.
A súa actual etapa afonda na tendencia bailable, con ritmos que beben del pasado de la música “dance” española.

Joe Crepúsculo actúa hoxe no aniversario de Manchita Cosa