Mestura organiza o próximo sábado o III Festival de Cantareiras de Meirás

Mestura organiza o próximo sábado o III Festival de Cantareiras de Meirás
mestura meirás /

A asociación cultural Mestura de Meirás organiza o próximo sábado o III Festival de Cantareiras no local social da AVV da parroquia de Valdoviño. Será a partir das 18.30 horas, con entrada libre. Desde a organización destacan que “a programación inclúe un amplo abano do que está a pasar actualmente no ámbito musical máis tradicional coa vontade de fomentar a transversalidade de públicos que poderán gozar de diferentes rexistros. Con este obxectivo, seguiuse traballando para chegar ano tras ano a máis público e con grupos de máis calidade e recoñecemento”. Así, o cartel do evento queda conformado por Ecos do Mero, de San Tirso de Mabegondo (Abegondo); As Fiandeiras de Neaño (Cabana de Bergantiños); Airiños dos Carrís (Cerdido); Raigañas de Cerqueda (Malpica), pechando o festival o grupo de cantareiras da entidade organizadora, Mestura de Meirás.
Segundo a presidenta da entidade, Mar Varela Orjales, “agardamos que este ano o festival volva ser un éxito como en anos anteriores. Observamos un crecente interese por parte da xente nova en recuperar cancións e pezas dos nosos antepasados. Nese aspecto as mulleres da parroquia están a facer un traballo moi importante e ao final un festival como o que celebramos o sábado é consecuencia dese mirar cara atrás e valorar a nosa cultura”. n

Mestura organiza o próximo sábado o III Festival de Cantareiras de Meirás

Te puede interesar