O fotógrafo Tomás Morado inaugura o luns unha mostra de paisaxes en Neda

A Casa das Palmeiras de Neda prepárase para acoller unha exposición fotográfica sobre paisaxes da comarca a cargo do artista Tomás Morado.

Esta mostra inaugurarase pasado mañá, 21 de xaneiro, e permanecerá aberta ao público ata o vindeiro día 26 en horario de 16,30 a 20,30 horas (agás o sábado, que se ampliará tamén entre as 10.00 e as 14.00 horas).

Con entrada libre e gratuíta, o público poderá aprezar unha selección feita por Morado de 20 imaxes en diferentes formatos con paisaxes de Neda e tamén doutras localidades da comarca de Ferrol.

Xunto ás fotografías, a mostra contempla tamén a proxección dun vídeo no que se recollen máis de 650 imaxes tomadas nos dous últimos anos coa mesma temática paisaxística, así como a flora e fauna da contorna.

Así mesmo, a exposición inclúe de forma paralela un álbum con outras 400 fotografías. O citado traballo está formado por estampas de diferentes localidades de toda a provincia da Coruña. Este catálogo figura para consulta e posible venda ás persoas interesadas.

 

O fotógrafo Tomás Morado inaugura o luns unha mostra de paisaxes en Neda

Te puede interesar