Siniestro Total súmase ao cartel do concerto solidario do martes

Siniestro Total súmase ao cartel do concerto solidario do martes
Diario de Ferrol-9999-99-99-999-546c88b4

Siniestro Total, todo un referente do pop-rock do país, súmase ao cartel do concerto solidario a prol dos refuxiados que o vindeiro martes día 21 terá lugar, a partir das 20.30 horas, no Teatro Jofre. O clásico e incombustible grupo tocará así nunha cita que, como xa se anunciou, incluirá tamén as actuacións de Iván Ferreiro, Eladio y los Seres Queridos, Triángulo de Amor Bizarro, Amaro Ferreiro, Nicolás Pastoriza e Disco Las Palmeras. 
Ferrol é a única cidade galega que secundará unha iniciativa que terá lugar, de xeito simultáneo, noutras cinco cidades (Madrid, Barcelona, Sevilla, Valencia e Zaragoza). Será unha gala de dúas horas con Fila O, para favorecer a colaboración dos que queiran cooperar coa causa pero non poidan acudir á cita musical. Os que sí estean interesados en acudir ao Jofre para gozar do concerto solidario poden mercar xa as entradas, na billetería do Jofre, a un prezo de 12 euros.
O concelleiro de Cultura, Suso Basterrechea, anunciou onte a última incorporación a un cartel de luxo que pon a Ferrol no centro da solidariedade galega.

acollida
O edil estivo acompañado de Marcela Sanmartín, da organización “Mi música, tu refugio”, que impulsa a cita, e que amosou a súa ledicia pola boísima acollida da iniciativa na cidade naval entre os músicos de renome de toda Galicia. “Tivemos que dicirlles a moitos que non porque o cartel xa está moito máis que completo, pero este esforzo gratuíto é precioso”, apuntou. A participación de todos os artistas é altruísta e de balde.
O importe íntegro da recadación irá destinado a tres entidades que traballan sobre o terreo: Acnur, CEAR e Accem. María Tejada, que onte tamén estivo no acto do Concello en respresentación das tres entidades, lembrou que, no que vai de 2016, desde Accem levan tramitadas máis de 5.000 solicitudes de asilo no Estado.

Siniestro Total súmase ao cartel do concerto solidario do martes

Te puede interesar