Neda celebra a Feira no Camiño con artesanía, obradoiros e actuacións

Neda celebra a Feira no Camiño con artesanía, obradoiros e actuacións
A feira terá lugar o sábado e o domingo no casco antigo da vila | d. alexandre

Artesanía, gastronomía, música, obradoiros e animación na rúa. Estes serán os principais ingredientes da terceira edición da Feira do Camiño, unha iniciativa do Concello de Neda para fomentar a participación cidadá e dinamizar socioeconomicamente a vila.

Enfocada principalmente á venda de produtos artesanais, serán un total de 23 os postos presentes no casco histórico durante as xornadas do sábado e do domingo. O horario de apertura será de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 22.00 horas.
Neles, os visitantes poderán elixir entre unha gran variedade de artigos e produtos artesanais, así como de alimentación ou textil, entre outros.

Mostras
O programa reservará tamén un espazo para as mostras de oficios, que permitirán achegarse aos procesos e forma de traballar dos ferreiros, canteiros, carpinteiros, torneiros ou artesáns do coiro.
Os cativos poderán gozar dos diferentes obradoiros programados para a ocasión, como o de coiro, lá e fieltro, cestería, pan, fondeu de chocolate e froitas. Serán de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas.

O foodtruck Kilómetro Fuego e a Taberna do Forno con polbo e churrasco permitirá repoñer forzas aos que decidan pasar pola feira. O programa comezará o sábado, ás 11.00 horas, coa actuación do Cuarteto de Trasancos de Neda, para continuar ás 13.00 horas coa peza de teatro “O Bululú nos Camiños de Santiago”, enmarcado na rede da Deputación da Coruña.
Pola tarde, ás 18.00 horas, a Asociación Álvaro Cunqueiro de Lago ofrecerá unha sesión de música tradicional e baile galego.
Esta primeira sesión da festa pecharase co concerto, a partir das 21.00 horas, do grupo Boj, que ofrecerá a súa música folk irlandesa e escocesa.

Domingo
O domingo, A Banda do Garaxe da Asociación Cultural Sementeira de Narón amenizará a feira cunha actuación prevista para as 13.15 horas. A música continuará ás 18.00 horas con Zanfonhas de Narón e ás 20.00 horas con Cabe García e Fausto Escrigas. 
Ademais, durante toda a fin de semana, contarase coa participación da Asociación Brosladeiras, que farán a súa mostra de fin de curso na Casa das Palmeiras. O sábado ás 11.00 horas haberá unha visita guiada polo casco histórico da vila para a que será necesario apuntarse na Casa da Cultura.

Neda celebra a Feira no Camiño con artesanía, obradoiros e actuacións

Te puede interesar