A praza de Amboage acolle o día 17 o certame para a xuventude “Canta Ferrol”

Canta Ferrol
|

O próximo 17 de maio a praza de Amboage acollerá a segunda edición do certame “Canta Ferrol” que o Concello organiza en colaboración cos comerciantes do centro reunidos na plataforma “Vive Ferrol”. Un concurso dirixido á mocidade da comarca con idades comprendidas entre os 12 e os 18 anos e que trata de seres canteira e descubrir as mellores voces con futuro dentro do mundo da canción.
Finalmente, 48 centros educativos de Primaria e Secundaria da comarca e de Betanzos inscribíronse no certame. A previsión é que a esta gala final cheguen unha trintena de finalistas dos que a metade subirán ao escenario de Amboage. Pola súa banda, a edil de Xuventude, Verónica Casal, explicou onte que con esta iniciativa se pretende “descubrir novos talentos e, ao mesmo tempo, que se dinamiza o centro da cidade e se lle da un novo empuxe ao comercio coa celebración da gran gala en Amboage, que na primeira edición encheu de xente a praza”.

xurado
A gala final do 17 de maio comezará ás 18.00 horas; e o xurado da mesma estará composto por Jaume Ma, finalista do programa de televisión La Voz; Jorge González, finalista de Operación Triunfo e La Voz; e K-Narias, dúo formado polas irmáns Gara e Loida. Todos eles farán de “coach” dos concursantes e actuarán durante a gala.
O alumno que máis votos reciba do xurado gañará o premio “A Mellor Voz de Ferrolterra”, que consiste nun cheque de 300 euros e un curso musical que se impartirá na escola “Alborada”, de Ferrol. Así mesmo, ao certame súmase o centro comercial Parque Ferrol, que como patrocinador privado do mesmo, entregará o premio “Meréceste o mellor”, ao concursante dotado coa voz máis especial. Este premio consistirá nun vale de compra por valor de 300 euros nos establecementos da área comercial.

A praza de Amboage acolle o día 17 o certame para a xuventude “Canta Ferrol”