COLEXIO DE ARQUITECTOS (DELEGACIÓN FERROLANA)

COLEXIO DE ARQUITECTOS (DELEGACIÓN FERROLANA)
Colegio de arquitectos curso inspección edificios

Moi agradecido polo premio –que recollerá na xornada de mañá no Jofre– recoñeceu tamén estar o actual presidente da delegación ferrolá do Colexio de Arquitectos, Ramón Otero. Non deixou pasar de largo a importancia dun galardón deste tipo concedido pola cidade e que recoñece o traballo desenvolvido por esta delegación nos últimos aproximadamente corenta anos. Unha labor, destacou Otero, “en defensa da arquitectura, do urbanismo e da cidade”. A escasas horas de facerse co galardón o presidente da delegación ferrolá do Colexio de Arquitectos incidía en que “é un aliciente para seguir traballando na mesma liña, enfocando o noso criterio, a día de hoxe, na protección do patrimonio”. E entre as virtudes da organización, Ramón Otero decantouse por unha moi específica: “Mantén unha independencia e sempre pode dar un criterio externo e de apoio ás diferentes administracións que se van sucedendo”. Mostra da intensa actividade son tamén os cursos que desenvolven ao longo do ano. Un deles, na imaxe da esquerda.

COLEXIO DE ARQUITECTOS (DELEGACIÓN FERROLANA)

Te puede interesar