As Pontes celebra o domingo a Feira do Grelo cun variado programa de actividades

As Pontes celebra o domingo a Feira do Grelo cun variado programa de actividades

O Concello das Pontes ten xa todo preparado para a celebración, o vindeiro domingo, da XXXVII Feira do Grelo. A actividade comezará ese día cedo, sobre as oito da mañá, momento no que se procederá, no mercado municipal, á numeración das cestas participantes no tradicional concurso, que estarán expostas para seren cualificadas polo xurado entre as 10.00 e as 11.00 horas.
A partir de entón, as seleccionadas polo xurado serán retiradas mentres que todas as demais poñerán á venda os seus produtos. A entrega de premios terá lugar ás 12.30 horas no patio do colexio Santa María. Haberá tres premios á calidade do grelo (300  ao gañador; 250 ao segundo; e 200 ao terceiro; máis tres accésits de 60 euros cada un. Haberá tamén tres premios ás cestas mellor adornadas (300, 200 e 100 euros), e o galardón especial Alexandre Pérez Sindín.
Alí terá lugar a continuación, baixo unha carpa, a degustación popular a base de sopa de cocido; cocido con grelos, costela, lacón, chourizo, garabanzos e patacas; e requeixo da Faeira con mel de Goente de sobremesa.

racións
O servizo de menú será ata as 15 horas (haberá servizo de menú para levar). Repartiranse un total de 400 racións de cocido, ás que haberá que sumar as degustacións doutra receitas. Tamén permanecerá instalada na Avenida da Coruña unha freixoeira –tres unidades a un euro–. 
A xornada incluirá así mesmo, na rúa Ramón Cabanillas, unha exposición e torneado e talla en madeira en vivo por parte da Asociación Amigos da Madeira, mentres que para os máis pequenos estará alí instalada a Ecoescola, con zona de xogos con refugallo. Tamén haberá visitas á Casa do Mel de Goente (de 16.00 a 21.00 horas) e ao Museo Etnográfico CPI Monte Caxado (de 11.30 a 13.00 horas).
A música tamén será protagonista durante a festa, con animación na rúa durante toda a xornada da man dos grupos No Combaro, Os Feroces de Galgueira e Alfaia.
Ás 12.30 horas terá lugar o concerto de Radio Cos, na carpa da Praza de América, e xa pola tarde, ás 18.30 horas, o d a formación Pelepau, no Cine Alovi e con entrada gratuíta. Nesta última cita encargarase de abrir o telón a comparsa pontesa Greleixas.

exposiciones
Xa desde a xornada de sábado, e para ir quentando motores, poderán verse algunhas das exposicións que forma parte do pograma da cita pontesa.
Trátase da Feira itinerante Son de Campo, promovida pola Federación de Mulleres Rurais Fademur con produtos autóctonos nos que se inclúe alimentación, agasallos, cosmética, xoiería, etc.
A venda e exposición irá acompañada de demostracións ao vivo. O sábado estará aberta de 11.00 a 20.00 horas e o domingo de 11.00 a 18.00 horas na Praza de América.
Nesta mesma zona desenvolverase tamén a I Mostra da Camelia, coas distintas variedades achegadas por membros da asociación de toda Galicia. A mostra contará o sábado cun obradoiro de esmaltado a cargo dun artesá de xoiería.
A mostra de Federación de Razas Autóctonas de Galicia completará o domingo, de 10.00 a 14.00 horas na rúa Alexandre Bóveda, formará parte tamén do programa.
A música estará presente xa o sábado na vila pontesa con música de rúa durante toda a xornada a cargo de Trevillas e Canavella e o concerto da banda galega Caxade ás 18.30 horas na carpa Praza de América.
Logo desta intensa fin de semana, As Pontes celebrará o martes 28 a Cabalgata de Entroido con premios que oscilan entre os 800 e os 60 euros. n

As Pontes celebra o domingo a Feira do Grelo cun variado programa de actividades

Te puede interesar