Doniños despide o verán cun mercado celta

Doniños despide o verán cun mercado celta
imaxe da festa de onte l.p.

Doniños celebrou onte o Mabón, unha festa celta que coincide cos equinoccios. É tempo de colleita e favorece os poderes máxicos. Esta IV Re-Festa, coa que despiden o verán, incluíu tamén un mercado rural de comercio xusto.
A actividade comezou ás doce do mediodía coa apertura do mercado, seguida á unha da tarde pola actuación de Berros do Castro e, despois, do Trío Boreal. Tras a sesión vermú desgustáronse callos e gozouse cunha romaría ó aire libre.
Logo da sobremesa reanudouse a actividade con xogos infantís e festa de disfraces, coa actuación da coral Son do Día e, para cear, cun menú a base de liscos, chourizos e pinchos morunos.
Pola noite a música puxérona a Parranda La Nuestra, o grupo folk Alén de Ancos, o Trío Boreal e o DJ Kiko. A medianoite houbo queimada e celebráronse vodas celtas.

Doniños despide o verán cun mercado celta

Te puede interesar