A xente respaldou a romaría do Pote de Maniños no seu 80 aniversario

os asistentes degustaron racións de orella á feira d.a.
|

Non hai crise que poida coa romería do Pote de Maniños, que onte celebrou o seu 80 aniversario. Oito décadas nas que non faltaron nin a música nin o empuxe dos seus veciños a prol dunha celebración que agardan con impaciencia tanto os novos como  os máis maiores do lugar.
Os festexos comezaron xa o sábado pola tarde, co tradicional partido de fútbol, que nesta ocasión enfrontou ao Cultural de Maniños co Sporting-Cidade. Logo do partido, os asistentes puideron degustar orella á feira. A festa continuou pola noite co atradicional Festipote. A agrupación Ruxe, Ruxe foi a encargada de amenizar a verbena. Na que tamén fixeron o propio os grupos de reggae “Natural Green” e “Tanto nos ten”.

pregón
Os actos festivos tiveron continuidade onte, día grande, coa música matinal da charanga “Galicia Sound Machine” e a banda de gaitas “Ría de Ares”. Ao igual que fai oitenta anos, o campo da festa acolleu tamén xogos populares durante a mañá. O pregón deste ano correu pola conta do humorista Pedro Brandariz, quen, xa pola tardiña, ofreceu tamén o seu monólogo, “Profundizando na Galiza profunda”. Tralo pregón, como manda a tradición, a Sociedade Cultural O Pote ofreceu mexillóns á prancha e ó vapor entre os asistentes.
A formación Treixadura e a orquestra A Oca encargáronse de amenizar a sesión nocturna. Compre salientar que a comisión de festas deste ano quixo desde o primeiro momento que Treixadura fose o prato forte dos festexos deste oitenta aniversario.

A xente respaldou a romaría do Pote de Maniños no seu 80 aniversario