Xosé Vázquez Castro

Mª Xesús Díaz e Xosé Vázquez Castro

Esto é especialmente notorio no caso de María Xesús, cuxa obra actual continua avanzando na liña da súa “Tentación sonora” de 2019, cuxos cadros calificamos entón coa sinestesia de polifonías cromáticas; pois ela pon a vibrar a xeito de códigos musicais o lampexo dos horizontes, xa en marelos e alaranxados, xa en brancos refulxentes e logo atempéraos con atmosféricas veladuras de suaves grises ou lenes azuis para que entoen o cósmico canto das nupcias da terra e do mar co ceo, pero, sobre todo, para que canten a íntima cantiga da súa alma conmovida polas abertas e sempre cambiantes configuracións da luz.