Xoán Antón Pérez-lema

Precisamos da nosa Policía (1)

  arecente admisión para trámite polo Parlamento da iniciativa lexislativa do BNG para lle transladar ás Cortes a solicitude de transferencia das competencias de tránsito e seguranza viaria ven de nos lembrar que o mesmo Parlamento aprobou en maio de 2007, a Lei 8/2007, de Policía de Galicia, que constitúe Dereito vixente e que dispuña unha integración inmediata da Unidade Adscrita da Policía Nacional a Galicia (500 prazas das que menos de 400 están cubertas, por mor da neglixencia da Xunta e do Goberno do Estado) que non executou Feijoo ao longo de 12 anos de goberno, en claro incumprimento da lei e frustración da carreira profesional da policía que serve na Unidade Adscrita, dependentes orgánicamente do Goberno e funcionalmente da Xunta e, xa que logo, sometidos á indefinición normativa e ao absurdo da dependencia de discrecionais comisións de servizos cando non á perda de dereitos laborais.  O recente protagonismo da Xunta como Autoridade Sanitaria común amosou a necesidade dunha Policía Administrativa que garanta o cumprimento das ordes e resolucións da Administración Galega nos seus eidos competenciais (saúde pública, ambiente natural, medio rural, urbanismo, xogo, violencia machista, ordenación do territorio, protección de menores e incapacitados).

1 2 3 4 5