unha Monarquía

¡A lavar díxose!

Pois sinceramente creo que a encomenda a estas alturas pode resultar unha misión imposible por moito empeño que poñan algúns en darlle duro.Temos unha Monarquía que non atravesa por un bo momento, dende hai tempo, todo hai que dicilo: algo por dentro cheira e delata unha certa podremia dentro da casa, e eu que non son monárquico entendo que isto non é nada bo para un país que pretende estar no lugar dos estados asentados nas modernas democracias, e a Monarquía malia non ser elección democrática debera colaborar en que as cousas avancen por aí .Herdamos unha Monarquía imposta e ademais o seu máximo representante empeñouse en adoptar comportamentos nada exemplares por deshonestos e desleais co pobo ao acubillo desa premisa de que o rei mentres é rei é irresponsable, e dicir que non asume compromiso polos seus feitos sexan os que sexan e...pasou o que pasou.O pasado 23 tivo lugar o 40 aniversario do intento de golpe de Estado e celebrouse un acto no Congreso dos Deputados co propósito, estou convencido, de lavar a imaxe do exmonarca que non pode pasar a proba do algodón resistindo incluso ao túnel de lavado por tantos “deméritos” acumulados a través do seu peculiar reinado.