O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e a directora xerente da Fundación Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez, presentaron este martes a tradución ao galego de 'A única. María Casares, xunto coa autora da obra, Anne Plantagenet. Editado por Kalandraka co apoio da Xunta de Galicia e traducido por Isabel Soto, a obra afonda na pegada da actriz galega en Francia, tanto dentro do teatro como fóra del.