non é

Cal é o criterio de reparto das vacinas?

Neste caso veranse se están feitos todos os deberes, especialmente no reforzamento do sistema primario de saúde, máxime tendo en consideración de que non son poucas as denuncias de falta de medios, especialmente de profesionais.Agora ven, para alén da maior ou menor rapidez coa que hoxe se vacine, está claro que as cantidades que se entregan son insuficientes, e que o criterio de reparto que se utiliza non está claro, e non é o dos habitantes.

Unha de cal e outra de area

A cousa ten dúas lecturas, por unha banda é preciso falar moi claro, sen excesivo pesimismo, para que a xente tome conciencia da gravidade do Coronavirus, pola outra, ante o perigo de reaccións tan negativas como depresións, medo, tristeza e angustia xeneralizadas, convén quitarlle ferro porque, dado o caso, un razoable optimismo é parte fundamental da terapia.As autoridades sanitarias e políticas, por esta orde, teñen a palabra á hora de informar, non ocultando nunca a gravidade da situación pero mantendo sempre a esperanza e a seguridade de que a pandemia pasará, insistindo asemade en que canto máis nos axustemos as súas directrices, antes e mellor sairemos da situación.Non empeza moi ben este 2021, e dicir isto non é pesimismo, é realidade: Por si fora pouco a pandemia que non cesa, xa tivemos lumes, terremotos, nevaradas e choivas nunca vistas, borrascas, derrubamentos....etc e estamos empezando o ano.