na Galicia

Os erros galegos de Pablo Iglesias

Un partido a quen tentou subordinar propoñéndolle unha coalición liderada por él propio, no que constituiu o último dos seus erros políticos.Na Galicia, Pablo Iglesias aproveitou a desafección inmobilista coa que o BNG enfrontou no 2011 o 15-M (como ven de observar aqueladamente o analista político David Rodríguez) situando Podemos como miolo pensante e forza directiva da nova política galega, dende baleiras apelacións a respecto da personalidade nacional de Galicia, mais sen integrar na súa análise de base a realidade económica, social e política do noso País e proxectando a falsa idea de que os problemas das clases medias e traballadoras eran comúns en todo o Estado.