Lei de Memoria Histórica

O aviador Franco e o xeneral Mola seguen en Ares

A primeira corporación democrática de Ares, constituída no mes de abril de 1979, acordaba a eliminación de rúas con simboloxía franquista. Corenta e dous anos despois, as placas do “Aviador Franco” e “General Mola” aínda seguen no concello, e non están precisamente de veraneo.