“Redactamos un documento con 17 medidas que pretendía ser unha chamada de atención aos Concellos da comarca para que apostasen pola cultura local”, petición, explica, que ía dirixida á Mancomunidade para demandar unha “acción conxunta” que, sinala a voceira, non se desenvolveu da maneira que se reclamaba. “Máis apoio” “É certo que algúns concellos toman medidas e programan máis do sector local”, explica Méndez, “pero cremos que non abonda, que non é suficiente.