é preciso

Unha de cal e outra de area

A cousa ten dúas lecturas, por unha banda é preciso falar moi claro, sen excesivo pesimismo, para que a xente tome conciencia da gravidade do Coronavirus, pola outra, ante o perigo de reaccións tan negativas como depresións, medo, tristeza e angustia xeneralizadas, convén quitarlle ferro porque, dado o caso, un razoable optimismo é parte fundamental da terapia.As autoridades sanitarias e políticas, por esta orde, teñen a palabra á hora de informar, non ocultando nunca a gravidade da situación pero mantendo sempre a esperanza e a seguridade de que a pandemia pasará, insistindo asemade en que canto máis nos axustemos as súas directrices, antes e mellor sairemos da situación.Non empeza moi ben este 2021, e dicir isto non é pesimismo, é realidade: Por si fora pouco a pandemia que non cesa, xa tivemos lumes, terremotos, nevaradas e choivas nunca vistas, borrascas, derrubamentos....etc e estamos empezando o ano.