Dores Sánchez

A Deputación recoñece o labor de Xaquín Marín na promoción da lingua galega

O xurado da décimo segunda edición dos premios Rosalía de Castro de Lingua que convoca a Deputación da Coruña decidiu conceder o galardón na categoría de persoas ao debuxante e director do Museo do Humor de Fene Xaquín Marín.