Predomina a financiarización da economía, o predominio do mundo das finanzas e o individual sobre o colectivo nun pensamento único imposto como se non houbera alternativaAs democracias vacíanse de contido, os dereitos quedan reducidos a ser meras mercancías e a obxetos de consumo exemplo de sociedade de mercado na que tendrán dereitos que poida pagalos, predominando o privado sobre o público.Os Estados quedan reducidos a mínima expresión pra ter menos Estado e máis mercado e pra acabar co papel regulador dos estados pra contribuir a acabar coas desigualdades sociaisO obxetivo e pasar dunha economía de mercado a unha sociedade de mercado onde se privatizan salvaxemente os servizos públicos , o poder político está subordinado o poder económico, mandan as grandes trasnacionais e quenes non se presentan as eleccións democráticas( grandes empresas, oligarquías financieiras, élites económicas), a cidadanía e os dereitos son percibidos como meras mercancías intercambiables, as organizacións políticas socialdemócratas ou supostamente de esquerdas non son tales se han convertido en productos de consumo e de márketing e han derivado en social liberalismo, os medios de comunicación son meros altavoces e correas de transmisión dos intereses da banca, das grandes empresas e das élites financieiras e interesa conformar unha cidadanía apática, manipulábel, insolidaria, consumista e empresaria de si mesma e competindo continuamente e constantemente entre ela nun salvaxe darwinismo social.