Atios

O alumnado de sexto de Primaria de Atios completa a peregrinaxe a Teixido

Os alcaldes de Cedeira, Pablo Moreda; Narón, Marián Ferreiro; e Valdoviño, Alberto González; así como a directora de Promoción de Turismo de Galicia, Carmen Pita, recibiron onte ao pé do santuario ao alumnado de 6º de Primaria do CPI Atios que completou onte a peregrinación a San Andrés de Teixido.Os perto de 60 estudantes das tres aulas deste nivel educativo chegaron á capela tras cubrir os vinte e catro quilómetros que separan o seu centro escolar do templo, roteiro que cubriron en tres etapas: a primeira, antes da Semana Santa, entre o CPI e a capela da Fame, en Liñeiro –Vilarrube; a segunda, hai un mes, desde este templo ata a parroquia de San Román, en Cedeira; e a última, que fixeron onte, desde este punto ata San Andrés.

Valdoviño iniciará este año la primera fase del complejo deportivo de Atios

Las instalaciones contarán con una pista multideporte, dos de pádel, cafetería, gimnasio y dos piscinas