ao

Así nos vai

Cando estamos a ler e a escoitar, por aquí e por acolá, os escandalosos montantes de negocio que, a conta de tantas mortes, contaxios, hospitalizacións..., andan a facer pola Galicia e a España adiante as empresas privadas relacionadas coa saúde, bato coa nova de que o sindicato ao que pertencín toda a vida se dirixiu á Consellería de Educación instándoa a que medie co Sergas a fin de que este inclúa nas listaxes de cribados masivos o profesorado que non está cuberto pola sanidade pública por se ter acollido, voluntariamente, á prestación sanitaria privada.