Xogo revolto

omo nunca fun nin do PSOE nin do PP absolutamente nada me move nin conmove á hora de manifestar a miña opinión -sempre procurei facelo así ou, se non, calei- sobre o novo momento político que hai quen di que se abriu despois das eleccións andaluzas e a elección do novo presidente de Andalucía. Como demócrata que son, desde ben antes de que por estes lares houbese democracia -a que chamaban orgánica creo que non o era-, sempre entendín que as eleccións as gañaba quen tiña máis votos para ser elixido para gobernar. E non había máis que falar. O PP, Ciudadanos e outras xentes iguais ou parecidas opinaban que non, que as gañaban as formacións que obtiveran máis votos. Agora, como as contas lles cadran ao revés, mudaron de opinión. Confiemos que a manteñan. En Andalucía, pois, gañou quen pode gobernar e non quen tivo máis votos nas urnas. E punto. Se vai gobernar co apoio da dereita extrema é outra cuestión. E iso, para min, é o único novidoso. Porque o de querer contrarrestar esta realidade coa das supostas ataduras independentistas non o é. Xa hai anos que o fixo o PP de Aznar. Fraca memoria?

Xogo revolto

Te puede interesar