Xogar ao despiste

un destes días pasados, batín pola rúa cun médico pediatra ao que coñezo desde hai por volta de 50 anos. Comenteille que levaba cara de poucos amigos e respondeume, malhumorado, que como non a ía ter así despois de atender pola mañá perto de 40 nenos e nenas e outros tantos, ou parecido, o día anterior e cada un dos días da semana pasada, etc. Era un non poder nin ir ao baño desde que a súa compañeira collera as vacacións e tiña acumulado o seu cupo, feito que se repite cada ano -uns cantos xa- desde que non hai persoal substituto. É unha das manobras para cargarse esta excelente sanidade -que tanto custou conseguir- e meterlle os cartos que se deixan de investir nela á medicina privada. Ese encontro foi o primeiro que me veu á cabeza cando, antonte, lía este titular no noso Diario: “Galicia urge a Hacienda una solución al pago de la deuda: ‘Los hospitales no están en funciones’”, que dixo o conselleiro de Facenda. Aínda vai resultar que o stress ao que está sometido o noso excelente persoal sanitario desde hai anos é culpa desa débeda de 700 millóns. É o financiamento da privada e velaí o rei emérito operándose nela.

Xogar ao despiste

Te puede interesar