Viaxar

comezos de mes estiven pasando unha semana en Portugal, algo que botaba realmente en falta. Abríranse as fronteiras -con maiores reticencias, por certo, pola parte lusa- e xa non vía motivos de peso para adiar a viaxe. Fora, desde o primeiro día, estrito cumpridor tanto das normativas como das recomendacións das autoridades sanitarias e tiña confianza en que, continuando con esa liña de conduta, non debería haber problema ningún. Había moitos anos que non ía ao Algarve -por volta dos trinta- e pareceume unha boa ocasión para voltar. Mais, prevendo calquera tipo de imprevisto, decidín emprender a viaxe sen apenas ruta definida. Só dúas noites en Braga e a partir de alí xa se iría vendo. Como os xornais falaban de certos rebrotes na periferia de Lisboa, deille voltas a non tirar tan cara ao sur, en ficar máis polo centro, pero Lisboa sempre é Lisboa e tira por un, co que alí fun parar, sen, por prudencia, poder gozar das rúas da capital, mais si das praias da Caparica. Após unha nova análise da situación puxen rumbo a Lagos e os seus contornos e saiu todo de cor de rosa.
Fixen dous desprazamentos en metro e quedoume claro que, de momento, trens, avións ou buses non debo coller

Viaxar

Te puede interesar