Triste panorama

Nunca gustei moito da Unión Europea. Nunca acreditei nela como institución garante da aplicación no seu territorio dos dereitos e liberdades máis elementais. Abonda con reparar no que, desde hai anos, acontece diariamente coas persoas que procuran salvar a vida fuxindo de fames e guerras nos seus lugares de orixe. Se non se respecta a vida... Desde logo que lle acaía ben mellor o nome orixinal de Comunidade Económica Europea, xa que, en realidade, é o que segue a ser: unha unión ou comunidade moito máis económica que política. Exemplo evidente a reforma, en 2011, do artigo 135 da Constitución española. Entendo que é froito dese menor desenvolvemento político a decisión adoptada polo Parlamento Europeo de non permitir a presenza de deputados eleitos no acto da súa constitución o pasado martes. Porque é evidente que o pobo, ese pobo no que, segundo o artigo 1.2. da Constitución, reside a soberanía nacional elixira os candidatos Junqueras, Puigdemont e Comin. Os seus nomes apareceron nos medios o 27 de maio e, posteriormente, o 14 de xuño, no BOE. O acontecido, pois, ademais de pouco ético, seméllame de dubidosa legalidade. En fin, triste panorama.

Triste panorama

Te puede interesar