Trilingüismo

Nunca esquecín, e hai ben anos diso,  o moito que me chamara a atención o feito de que os universitarios portugueses tivesen un nivel significativamente superior ao meu no manexo doutros idiomas, particularmente nos que son máis comúns nos nosos sistemas educativos: inglés e francés. Desde logo que eu me expresaba mellor en portugués do que eles en español, algo normal, digámolo así, se temos en conta que a min me interesaba moito máis saber portugués do que a eles –cando menos a aqueles cos que adoitaba relacionarme– español. Falando do asunto, entendiamos que neses diferentes graos de aprendizaxe tiña moito que ver o cinema. Mentres eles se podían deleitar escoitando as voces orixinais de Marlon Brando, Marilyn Monroe, Audrey Hepburn... en inglés ou de Jeanne Moreau ou Alain Delon en francés, nós tiñamos que nos conformar con ouvir sucedáneos en español. Un erro monumental acrecentado cun deficiente ensino das linguas estranxeiras. –Que inglés vou saber se os profesores que tiven me falaban galego con palabras inglesas?, laiábaseme non hai moito un rapaz recén chegado á Universidade. E hai quen se gaba do ensino trilingüe!

Trilingüismo

Te puede interesar