Todo pola pasta

odo por la patria / todo por la pasta / todo por las leyes / y por los billetes” di o estribillo de “Todo por la patria”, un dos temas que compoñen No somos nada (1987), terceiro LP de La Polla Records, grupo do que son, de sempre -tamén cando se chamou dutros xeitos- admirativo e fiel seguidor.
Enrique Urbizu, o exitoso director bilbaíno de No habrá paz para los malvados (2011), dez anos antes titulou Todo por la pasta (1991) a súa segunda -xa multipremiada- longametraxe. 
Tamén así, “Todo por la pasta”, podería denominarse o novo formato “final four” -que nome tan español- da Supercopa. Porque a pasta é a única finalidade que ten toda esta movida. As outras razóns, as alegadas polos dirixentes, non pasan de manobras de despiste para cándidos e cándidas bempensantes. A min, que non son monárquico, ata me soa a desprezo o feito de nada menos que os equipos finalistas da Copa do Rei sexan dous dos que disputen ese título fóra de España. E diso nin se fala. Tampouco dos abonados dos clubes. Eu vin tres finais do Deportivo na Supercopa. E se fose con este formato? Obviamente, ningunha.

Todo pola pasta

Te puede interesar