Tempos

omo estou vivindo fóra e ando só de cando en cando por Ferrol, hai un par de días que meu irmán me pasou un folio, fotocopiado polas dúas caras, que en semanas pasadas lle dera Carlos Caínzos para que mo fixera chegar. A folla en cuestión é nin máis nin menos que a relación manuscrita de alumnos que no curso 1965-66 cursamos o sexto ano de bacharelato no Instituto “Masculino” Concepción Arenal de Ferrol, como, tamén escrito a man, se le no encabezado. Nin que dicir ten –sen ser en absoluto nostálxico– que lle quedei moi agradecido ao bo amigo Carlos –descubro agora que é Carlos José–, con quen compartín aula os seis anos daquel bacharelato –Preuniversitario non– e logo pensión e piso en Santiago. Tamén compartimos adicción futbolística e simpatías blaugranas. Nese listado atopo escasos nomes dos que non me queda nin o máis mínimo recordo. Da inmensa maioría, pola contra, si me lembro ben, aínda que a moitos deles hai anos que non os vexo e non sei se os recordaría. Dous datos sorprendentes: a enorme cantidade de alumnos na aula (48) e o escaso número de rapaces de Ferrol e comarca, só 98, que cursabamos ese nivel na pública. Na privada menos aínda. Obrigado Carlos.

Tempos

Te puede interesar