Sesquicentenario de Severino T. Solloso

ai 150 anos, o 18 de setembro de 1869, naceu, na parroquia de San Martiño de Cerdido, Severino Trinquete Solloso, quen, cando menos á hora de asinar escritos literarios e por razóns que descoñezo, reduciu o apelido paterno á letra inicial T. Na Habana, a onde emigrara de adolescente e onde foi libreiro, fundador, dinamizador e socio de diversas asociacións galegas, impulsor de revistas... era, xa que logo, coñecido como Solloso. E así foi como titulou Ramón Cabanillas, que o coñeceu ao pouco de chegar a Cuba, en 1910, este soneto retrato do personaxe:
Ese que veis, mirada retadora, / gesto agrio y duro, despectiva traza, / es Solloso, un gigante de mi raza / aventurera, agreste y soñadora. // Poeta y luchador, cuando opresora / esclavitud o desamor rechaza, / en su frase viril golpe de maza / y su adjetivo espina punzadora. // Alma genial, adusta, fuerte, austera, / tiene el honor de ser intransigente / en asuntos de honor y de bandera. // Y lleva con fervores de creyente, / en su pecho, –un altar sobre una hoguera,– / este ideal: “Galicia Independiente”.
Foi un grande que ben merece ese recoñecemento que sei que lle vai tributar o seu Concello natal.

Sesquicentenario de Severino T. Solloso

Te puede interesar