Reprimamos que algo queda

lgo así como isto debeu pasar pola mente dalgún ou dalgunha militante do PP; comentouno e acabou na Mesa do Parlamento convertido nunhas “Normas de utilización das salas institucionais, espazos e outras dependencias do Parlamento”, aprobadas só polo propio Partido Popular. Doutro xeito non acerto a entender por que había que poñer por escrito algo que, segundo o grupo gobernante, xa viña funcionando na práctica. “Non se suprime nin se engade nada respecto ao que se viña facendo”, declarou o gabinete da presidencia da Cámara. Mais, de ser certo que só se trata dese mero formalismo, non habería cousas máis necesarias e urxentes que facer que andar a voltas con redundancias? Parece evidente que ten que haber algo detrás que xa se irá vendo. De momento, e en aras de que non se “menoscabe o decoro” nas instalacións parlamentarias, os veciños da illa de Ons que portaban camisetas coa frase “Ons en loita” tiveron que quitalas para poder estar no recinto, algo do que se eximiu aos parlamentarios que tamén as vestían. Era visto que a cousa non ía de formalismos.

Reprimamos que algo queda

Te puede interesar