Quen di a verdade

Lin a entrevista con Albert Boadella publicada por El Mundo o sábado pasado. De todo o que di o que máis me sorprendeu, porque nunca tal tiña oído, foi o que conta a respecto da constitución de Ciudadanos e a elección do seu presidente. Sabido é, que o fundador de Els Joglars tamén o foi da asociación Ciutadans de Catalunya e, como tal, foi asinante dos dous manifestos que darían lugar á creación de Ciudadanos. Di Boadella que só catro –un deles el– dos 15 fundadores e asinantes dos manifestos estaban a favor de fundar un partido e que, ademais, ninguén quería ir nas listas. Confesa que o primeiro congreso foi tal caos que mesmo dez minutos antes do remate non había candidato para dirixir o partido. O presidente da Mesa, desesperado, propuxera elixilo por orde alfabética e o primeiro da lista era Albert Rivera. E “¡Así salió!”.


Se un visita a páxina web de Ciudadanos, obviamente, non vai atopar alusión ningunha a este xeito de elección referido por Boadella. Nela dísenos que no “Congreso Constituyente”, celebrado en xullo de 2006, se decidiu que o nome do partido fose “Ciudadanos-Partido de la Ciudadanía (Cs)” e que “Albert Rivera fue elegido presidente del partido”.
 

Quen di a verdade

Te puede interesar