Público/privado

acer negocio e/ou enriquecerse a costa das doenzas da xente pode ser totalmente correcto desde o punto de vista legal, mais, ao meu modesto entender, está moi lonxe de selo desde o da ética, por lasa que esta for.  Penso que non está errado quen cualifique esas prácticas de pouco honestas, se por honesto se entende que non se engana os demais nin se aproveita deles, Nin que dicir ten que nestes coronavíricos meses, aquí e acolá, soubemos de enganos e lucros de variada tipoloxía, desde a rechamante chapuza ata a engaiolante sofisticación, que hai xente para todo.
É por isto que sempre tiven claro que os asuntos relacionados coa saúde deben estar en mans públicas. Sostidos e xestionados por organismos públicos. E teñen que ter, ademais, actuacións nitidamente transparentes.
Durante os primeiros tempos da pandemia escoitamos o señor Feijóo bramar -dentro dunha orde, iso si- contra o Ministerio de Sanidade: que se invadía competencias, que se tomaba decisións erróneas... Daba a entender que todo funcionaría moito mellor nas mans dos gobernos autónomos. Xa vimos que non. Velaí o pésimo funcionamento desa obscura Central de Seguimento de Contactos do Sergas. Dío a Asociación Galega de Medicina Familiar e seino, ademais, por experiencias de xente próxima. Non haberá intereses privados detrás?

Público/privado

Te puede interesar