Propaganda

De teren aparecido en días ou en páxinas diferentes, é posible que non tivese reparado do mesmo xeito no contido de dúas noticias que, con estes titulares: “Maduro va ahora contra los partidos tras desmontar el Parlamento” e “El embargo de Estados Unidos deja sin gas las cocinas de Cuba”, lin hai tres ou catro días na mesma páxina dun diario. Obviamente, non foron os titulares o que me chamou a atención –que son dos frecuentes nos nosos medios– senón o feito de que no corpo da noticia venezolana  se diga que a Eurocámara condenou esa actuación do presidente mentres que nada se di ao respecto da crueldade da medida adoptada contra o pobo cubano. Se, como di o adaxio, quen cala outorga, debemos entender que a democrática e imparcial Europa ve con bos ollos esta última cocción nas cociñas do imperio contra Cuba? Aínda que poderá haber quen pense que non ten nada que ver unha cousa coa outra, parece evidente que se trata das dúas caras da mesma moeda, que todo vén dar ao mesmo: hai que acabar cos malos e o fin xustifica os medios. Puro maniqueísmo. Que medo!

Propaganda

Te puede interesar