Prioridades

Infelizmente, cada día nos atopamos con novos, vellos e reiterativos chamados á xente para que extrememos as precaucións conducentes a evitarmos tanto ser contaxiados polo virus que provoca a covid-19 como llelo transmitirmos ás persoas coas que, polo motivo que for, esteñamos en contacto. A miña opinión é que, en liñas xerais, o persoal foi cumprindo, mal que ben, co que se lle pedía. Se exceptuamos insensatos e insentatas que non debemos nin considerar persoal. Mais para que os chamamentos tivesen toda a efectividade posible terían que acompañarse das imprescindibles medidas de reforzo das actividades sanitarias. Sabido é que en todo momento se botaron en falta carencias que non sempre foron subsanadas. Nalgúns casos mesmo se desviou a atención ao que non facía falta ningunha. 
A título de exemplo, e porque estas cousas non debemos esquecelas, lembremos que a Comunidade de Madrid -ariete principal do PP e da dereita toda-, cando era rechamante a carencia de rastrexadores, tivo a brillante idea de asinar un convenio coa Provincia Eclesiástica de Madrid para contratar curas católicos para os centros hospitalarios a razón de 1 por cada 100 camas, ratio que contrasta coa de 1 por cada 37.000 persoas. Con exemplos así pouco se pode reclamar á xente. 

Prioridades

Te puede interesar