Opa Racing

sinceramente, estiven totalmente convencido de que o noso Racing non ía descender ata que do xeito máis tonto se deixou empatar o partido contra o Valladolid B. Malia ese negativo resultado e a posterior severa derrota perante o Real Madrid B, seguín crendo na pequena posibilidade de salvación que quedaba no caso de lle gañar ao Rayo Mahadahonda. Mais, a última hora decidín non ver o partido, nin no campo nin na tele, nin seguir o resultado. Finalmente non foi posible a salvación e non queda outra que prepararse para facer unha campaña ilusionante, que permita o retorno á 2ªB para poder celebrar así o centenario do próximo 2019 co equipo xa ascendido. Como é sabido, tense como primeiro partido oficial do Racing o que xogou contra o Deportivo nun abarrotado campo de Caranza, ás 6 da tarde do domingo 13 de xullo de 1919. Foi un encontro organizado polo club Alfonso XIII a beneficio do “Patronato de la Trata de Blancas” y del “Asilo Concepción Arenal”. As declaracións de Pepe Criado -debería seguir de presidente- que lin neste noso Diario lévanme a pensar que o ascenso vai ser realidade.
 

Opa Racing

Te puede interesar